25 jul. 2013

Nuda Veritas IV


Nuda Veritas VI (2013)
Serigrafía, cuatro tintas y acuarela sobre papel manchado con café.
50 x 30 cm.

Nuda Veritas III


Nuda Veritas III (2013)
Serigrafía, cuatro tintas y acuarela sobre papel manchado con café.
50 x 30 cm.

Nuda Veritas II


Nuda Veritas II (2013)
Serigrafía, cuatro tintas y acuarela sobre papel manchado con café.
50 x 30 cm.

Nuda Veritas I



Nuda Veritas I (2013)
Serigrafía, cuatro tintas y acuarela sobre papel manchado con café.
50 x 30 cm.

18 jul. 2013

Branco e Negro

Cartel de la exposición.


Invitación


Lugar: Espazo EMAO -Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios (entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: 18 de xullo ao 3 de outubro de 2013 (agosto pechado)
Horario: luns a venres de 19:00 a 21:00 horas

Dentro da súa programación anual, a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), organiza o proxecto expositivo de fin de curso, baixo a denominación de Branco e Negro. Unha exposición do seu alumnado, coa que se quere amosar o traballo realizado durante o curso 2012-2013 ao redor dun tema xerador común, o que dá título á mostra, coas propostas artísticas e artesanas dos distintos obradoiros que compoñen a Escola.

Os proxectos que agora se expoñen son abordados dende diferentes perspectivas, mais conservan rasgos estilísticos e conceptuais. Aínda que o tema central é Branco e Negro, este remítese a un dualismo relacionable con outros conceptos en principio enfrontados entre sí, como: baleiro-cheo; luz-escuridade e ruído/son-silencio.

A proposta temática da Exposición: branco e negro

A cór desprende distintas expresións ambientais e pode transmitirnos sensacións como calma, violencia ou maldade. De feito, as palabras branco e negro significan a ausencia e a mestura de todas as córes, coas consecuencias que iso implica. O Branco, está en relación cunha sensibilidade maior ante a luz e, ao mesmo tempo, é símbolo de: Absoluto, Unidade, Paz (que podería relacionarse co Silencio), Inocencia e Rendición. Mesturado con outras cores esta Non-cór, reduce o seu croma, e pode tamén crear sensación de Baleiro, de positivo infindo, co que pode relacionarse tamén cos dualismos antes sinalados. O Negro, sobre todo na tradición occidental, é símbolo de: erro, mal, misterio e inferno, e ao mesmo tempo de escuridade. No seu aspecto positivo ten relación coa nobleza e coa elegancia; cientificamente --é dicir, verbo da teoría da cór-- representa a unión de todas elas.

O Branco e negro, compleméntanse e anúlanse. Un é a ausencia e outro a suma das cores, polo que, debido a este dualismo, poden tamén ser representados xuntos creando un contraste, onde se ratifica a importancia do concepto máis alá do obxecto ou do proceso artístico, máis alá do resultado final. Ás veces a única luz que vemos nun cuarto escuro pode ser a que sae do fume dos cigarros acendidos, porque entre o branco e o negro, existen toda unha gama de grises que aportan sutís diferencias, o que lle confire tamén ao seu emprego, un matiz de liberdade importante.

O Branco e Negro, serve para representar nun debuxo o baleiro e o cheo, marcando as liñas que redefinen unha contorna --o negro--, ou para acadar luminosidade --o branco--, no medio da Escuridade. O seu emprego axuda a revelar o oculto e a ocultar o que se desvela. No connotativo, o branco e o negro, posúen factores psicolóxicos, simbólicos e estéticos e, ao mesmo tempo, provocan unha forte subxectividade.

Na Mostra participan varios obradoiros da EMAO: Debuxo, Pintura, Escultura e talla na madeira, Serigrafía, Cerámica, Luthería antiga e Construcción artesanal de Gaita e Zanfona, Artesanía en coiro, Deseño e encaixe de palillos e Moda e Confección

14 jul. 2013

O Feirón de Bouzas


Sergio Covelo , Jano, y yo  participamos en O Feirón de Bouzas de Julio con un puesto de venta de obra artística  y cómic.



Organiza Garajeysal.