Lugar: Espazo EMAO -Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e
Oficios (entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro) Datas: 18 de xullo ao 3 de outubro de 2013 (agosto pechado) Horario: luns a venres de 19:00 a 21:00 horas
Dentro da súa programación anual, a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), organiza o proxecto expositivo de fin de curso, baixo a denominación de Branco e Negro.
Unha exposición do seu alumnado, coa que se quere amosar o
traballo realizado durante o curso 2012-2013 ao redor dun tema xerador
común, o que dá título á mostra, coas propostas
artísticas e artesanas dos distintos obradoiros que compoñen a Escola.
Os
proxectos que agora se expoñen son abordados dende diferentes
perspectivas, mais conservan rasgos estilísticos e conceptuais. Aínda
que o tema central é Branco e Negro, este remítese a un dualismo
relacionable con outros conceptos en principio enfrontados entre sí,
como: baleiro-cheo; luz-escuridade e ruído/son-silencio.
A proposta temática da Exposición: branco e negro
A cór desprende distintas expresións ambientais e pode transmitirnos
sensacións como calma, violencia ou maldade. De feito, as palabras
branco e negro significan a ausencia e a mestura de todas as córes, coas
consecuencias que iso implica.
O Branco, está en relación cunha sensibilidade maior ante a luz
e, ao mesmo tempo, é símbolo de: Absoluto, Unidade, Paz (que podería
relacionarse co Silencio), Inocencia e Rendición. Mesturado con outras
cores esta Non-cór, reduce o seu croma, e pode tamén crear
sensación de Baleiro, de positivo infindo, co que pode relacionarse
tamén cos dualismos antes sinalados.
O Negro, sobre todo na tradición occidental, é símbolo de: erro,
mal, misterio e inferno, e ao mesmo tempo de escuridade. No seu aspecto
positivo ten relación coa nobleza e coa elegancia; cientificamente --é
dicir, verbo da teoría da cór-- representa a unión de todas elas.
O Branco e negro, compleméntanse e anúlanse. Un é a ausencia e
outro a suma das cores, polo que, debido a este dualismo, poden tamén
ser representados xuntos creando un contraste, onde se ratifica a
importancia do concepto máis alá do obxecto ou do proceso artístico,
máis alá do resultado final. Ás veces a única luz que vemos nun cuarto
escuro pode ser a que sae do fume dos cigarros acendidos, porque entre o
branco e o negro, existen toda unha gama de grises que aportan sutís
diferencias, o que lle confire tamén ao seu emprego, un matiz de
liberdade importante.
O Branco e Negro, serve para representar nun debuxo o baleiro e o
cheo, marcando as liñas que redefinen unha contorna --o negro--, ou
para acadar luminosidade --o branco--, no medio da Escuridade. O seu
emprego axuda a revelar o oculto e a ocultar o que se desvela. No
connotativo, o branco e o negro, posúen factores psicolóxicos,
simbólicos e estéticos e, ao mesmo tempo, provocan unha forte
subxectividade.
Escaparate creado para la peluquería Ana Núñez, situada en Vigo. Escaparate que combina varios tonos de verde y blanco roto. Los productos se sitúan sobre dos grandes baúles de piel. Del techo cuelgan unas grandes magnolias con hojas. De fondo va una tela en tono verde chartreuse en la que se ponen los carteles de las distintas promociones y la información sobre los productos expuestos.